FERRAMENTAS PARA A ORDENACIÓN DO MONTE
FERRAMENTAS DE AXUDA
De seguido pode acceder a diferentes tipos de ferramentas gratuitas para a posta en marcha e xestión conxunta de aproveitamentos forestais.
Prema no icono correspondente á ferramenta que quere usar e acceda ó seu panel de control.
Acceso ó buscador de parcelas e visor cartográfico do Catastro. Permite o acceso libre á información catastral das parcelas mediante a introducción da referencia catastral ou mediane a xeolocalización da súa posición.
Estando vostede situado na parcela que quere identificar faga o seguinte:
- Active o servizo de xeolocalización do seu móvil.
- Prema no botón que aparece na parte inferior dereita do mapa que ten esta forma:
- O sistema localizará a súa posición e o mostrará no mapa.
- Se pulsa na parcela onde vostede aparece localizado no mapa poderá ver a os datos do catastro desa parcela (referencia catastral, superficie, nome, polígono, parcela…).
- Prema no botón que aparece na parte inferior do mapa que ten esta forma:
- Abrirase un formulario para que vostede introduza a referencia catastral da súa finca.
- Uha vez introducida a referencia catastral terá dúas opcións:
- Para poder ver a ficha catastral da parcela prema no botón:
- Para ver a localización da parcela no mapa do catastro, prema no botón:
- Para poder ver a ficha catastral da parcela prema no botón:
Prema no icono se está interesado en xestionar de forma conxunta o aproveitamento das súas parcelas forestais sen comprometer a propiedade.
Prema no icono se está interesado en participar en Sociedades de Fomento Forestal mediante unha aportación só de capital e sen aportar fincas.
Poderá ver nun mapa os Concellos onde actualmente se está constituindo algunha sociedade de fomento forestal.
Se é titular ou inversor interesado, poderá acceder ós datos de número de propietarios, número de parcelas catastrais e hectáreas implicadas nas SOFOR que se atopan en fase de constitución.
Así mesmo, poderá visualizar o mapa xeral de ubicación das parcelas comunicadas. Desta maneira poderá ir comprobando cómo se poden ir organizando os coutos redondos e ónde estarían.
Prema no icono se está interesado en xestionar de forma conxunta o aproveitamento das súas parcelas forestais sen comprometer a propiedade.
Prema no icono se está interesado en participar en Sociedades de Fomento Forestal mediante unha aportación só de capital e sen aportar fincas.